Haberá que presentarse, que tá a chegar muita xente nova! 🐈⬛
Son hélio, viñen aquí hai un par de anos, cando cansei de ser alguén no Galituiter.
Son non binarie, autista e anarca.
Teño fibromialxia, tourette e unhas 50 cousiñas máis.
Estudo filoloxía galega, fun bailadore dende que aprendín a camiñar e quero ser bibliotecarie.
Falo de música e cine, de cousas de ser pobre, de goticadas e bruxería. Ás veces falo de cousas kinkis (sempre con aviso).
#presentación